A
 

A de Puri: 24 horas da Madalena, en Cangas

A piesa: serve para faser pis ou plantar un alcolito, ven sendo o retreto "limpa a piesa que non hai dios que se sente nela, porcón!"

Abancar: saltar un muro ou calquera cousa con entidade. Ver tamén jabear "avanquei o muro da Maruxa para irlle á fijeira"

Abarrotar: non sojar unha carta alta no subastado, con fin de joderlle o tres os contrarios ou no permitirlle "faser basa".

Abocar: 1.verter un determinado contido de algún material nun recipiente (ou no chan xa postos) "abócame ahí uns xurelos""Aboca ahi a area pa faser o chalé ilejal" 2.faser o amagho de comer a alghén cando se está moi cabreado 
Abichucho: Dise do que anda a amolar ou dos pequenos que sempre andan a incordiar.

Adoa: Mala herba característica das veighas que canto máis arrancas máis che ven. Sunsa

Afartacáns: filloas do máis pobre que hai, só levan leite e fariña

Aghua da traida: dise de toda aquela aghua que non sae do poso e teñen que poñerche os de seraghua o caño. Exemplo de conversa Morrasense con Jodechincho: "-Traeme aghua da traída, Edelmiro -Pero, traida, cómo, de onde??"

Ajolá: expresión desiderativa mui propia do morraso

Ajuadisar: cando tes moitas janas de aljo. En Moaña dise ajodisar. "cómprate un kebap, que andas a ajuadisar no meu"

Ajuso: a punta do trompo. E de ahí "menudo ajusaso" cando lle dabas ó outro coa punta e lla facías unha fenda.

Airo: aire, fun polo airo e vin polo vento. "abríjate que fai un airo que nons e ajuanta"

Alasena: moble de cosiña empregado, fundamentalmente, para ghardar a lousa e a comida "que andas a buscar jato da alasena!"


Alcaldesa: Cervexa con un toque de ghasiosa ou limón. "Quini! Ponme unha alcaldesa"

Aljures: najlún sitio, se non é naljún sitio utilizarase ninjures

Almario: sitio donde se jarda a roupa, pode ser empotrado ou non

Amarghor: propiedade dos viños que non son do país. Para auténtico un paladar furancheiro, o amarghor do viño indica que é para pijos e jodechinchos.

Amoto: vehículo motorisado de duas rodas. Ver jarrucho "fostiei no amoto"

Amouchado: Triste, decaído, baixo de moral. "Con este neboeiro ando un pouco amouchado".

Anacol: bebida para baixar o nivel de colesterol, que si o deixas o sol fermenta (danacol) 

Andalias: como o seu nome indica sirven para andar, un bunito clasado aberto e veraniejo.

Anónima: Ver nónima. O que che da o xefe a fin de mes e co que tratas de sobrevivir ata o mes sejinte

Anoses: Fruto seco con cascara dura propio da navida en diante. Hai un refrán que di "isto esta para partir anoses" ou aljo polo estilo.

Angaso: co que se recolle o esterco das bestas ou o estrume para faserlles a cama

Angarellas/Janchos: obxeto de madeira ou ferro que se coloca ao lombo do burro e serve para o acumulado e transporte de diferentes materiais: herba, abono, sobrantes da contrusión para verter lojo no monte...
Alameda: resinto floreado e axardinado e cheo de pilotas e columpios. Pode ser nova ou vella, depende o tipo de chan que teña. Nas festas soen estar invadidas por postos de micro-venta, tamén chamados telderetes. "en que alameda disias ke estabas? na nova ou na vella?"

Almóndeghas: bolas de carne picada que se poden cushiñar ghisadas con tomate frito ("solís") ou sen él. "mamá, hox podias fasher almóndeghas pra comer que teño ghanas delas
  

Alcrique/Pataghullo: término morrasense e mariñeiro para as agullas en conserva

Apapostiado: persoa que está despistada, sen atender o seu. Ver "Papaostias". "Andas apapostiado vendo as peras das rapasas na Areamilla"

Apetrena: do verbo apetrenar "ese bacallau cheira que apetrena"

Arcasio:
dise das árbores que ten o teu visiño no eido e que che joden as vistas.Tamén coñesidas como mimosas.


Arnau: Dise daquel lagharto, máis ghrande do normal, que sae cando hay sol ponse nas pedras pa ponherse moreno. Tamén se coñesen por arnaus ós miembros dos corpos de sejuridá do estado espanhol (os verdes de toda a vida vamos) polo mesmo motivo (cando hai sol saen a ponherse morenos e a jodernos os cartos) "achanta Belarmino que veñen os aranaus!!" 

Aroski: estrablesementos que estan jodendo ó pequeno comersiante morrasense cos seus precios baratos e a sua monopolisasion de produtos ricos. É unha forma de jodechinchado, pero en forma de querer acabar coa tenda da Felisia ou a de Rosa, a de Finuca, ou a de Porfiria...
"vaime o aroski a por uns toros de peix"
Arquilino: dise do cal lle tes arrendada unha vivenda, no veral generalente son jodechinchos que buscan "un pisito al lado de la playa"

Arradio: invento para escoitar os partidos do Selta ou do Cruseiro do Hío os dominjos pola tarde "Asense ahí o arradio que quero ver como vai o seltiña"

Arroás: criaturas mariñas como o delfín Jaspar que adican grande parte da súa existencia a volcar traíñas e meterse cos buzos. "mecagho no arroás!"

Arrotar:
eructar pero sen tanta finura (-estás tosiendo cariñín? -non! arroto!)

Arroute/Arroutada:
ida de olla, desvarío

Arruído: isto debe ser máis forte co ruído, de feito ten unha letra máis "Deixa de faser ese arruído, rapas".

Asender:
prender un aparato eléctrico, darlle o botón da lus ou darlle lume a aljén "Asendeme aquí o pitillo Ajustín" 

Aserrín: antigua moqueta das tabernas, que chupaba o viño que caía das tasa.

Astuto: dise da persoa lista como un allo e tamén o consumidor da sustansia estupefasiente da "astusia", tamén coñesida como coca, farlopa ou fariña.

Aquelar: palabra totalmente comodín moi usada polas vellas, é o equivalente das vellas a "safar" xD. "Aquélame o aquel co aquel de aquelar"

Arrebentar: o sejinte a estar cansado "veño arrebentado de traballar carmucha, saca ahi unha lata de chandarmes!"

Arkalito/Arkolito: especie arborea invasora dos nosos montes morrasenses e de todas as provinsias galegas. De mala calidade madereira pero de rapido cresemento. Prosedentes de Austral Herria, menos mal ke non veñen tamen cos koalas de rejalo. Noutros lares de Ghalisa tamen se atopan co nome de Alcolitros e Ucalitos. "vou a plantarlle uns arkalitos na veija a ver se produse"

Arriar: 1.botar para afora "arriei unhas nasas a ver se cae algho" / 2.darlle algo a alguén "arríalle o mando ó teu pai" "vouche arriar unha somanta de hostias que vas quedar fino"

Asidés: sirve pa medir o bo que está o viño. Canta maior é a asides, peor está o viño ou débese que ao bebedor ten falta de hábito pa os viños da terra. Nese caso é negativo pa o bebedor, ou ao revés. "o viño d'onte deixoume morto Marucha! debía de estar ásido"

Astusias: persoa lista coma un raposo que sempre atopa unha maneira de arrejlar calqueira situasión "mira que ben arrejlaches a carroseta Manolo, eres todo un astusias"

Atracar: sinónimo de aparcar "atraca o coche Manolo que non hai sona asul"

Aterrado: como ben se di, aquí non temos mercadillo, temos aterrado, grande lugar onde comprares tres brajas desas que son como paracaídas por un ouro "Maruja esas brajas pa ir ó médico son do aterrado ou que!". Celébrase tódolos martes e venres de cada semana, é o Zara de Canjas.

Atrevido: liña de autús de Vilaboa, para servicio ás feiras. "Vouche á de Redondela no Atrevido".

Auralita/Aurelita: placas de fibrocemento chamadas Uralita. Vamos, as que temos todos nos jalpons "chispiña nejra! como conserva a calor a auralita no vrán!"

Aventajista/s: dise da persoa ou grupo de persoas que se aproveitan dunha oportunidade para reemunerarse a si mesmas a costa doutra persoa. Por exemplo: "Son uns aventajistas carallo, aventajistas" 
 

B

Bambo: columpio. "Mamá quero ir ó BAMBO". Bambar, columpiar " Mamá quero BAMBAR". Dise en Beluso, Bueu.
 
Bandullo: postre que non debes deisar de probar "corre que a abuela fiso bandullo"


Baile
: aljúns de nós ibamos ó clí (e outros aínda van) ou ó "muvit" pero os nosos pais pedian permiso para ir ó baile dos dominjos pola tarde na finca da marquesa.

Balucar: axitar "Balúcame este bote para abrilo, Ajripina"

Batume: herbas do mar, que se utilisan para estercar as veijas para que produscan Sebolas e Patacas

Beis: culor que no resto do mundo escríbese beige "aaaai que bes tan bunito, é do aterrado, Pituca?"

Bichero: 1.aparello de pesca "collín o jicho do mar co bichero" / 2.persoa pesada, jodona, e tocamiolos "o nejro ese ke xoja no inter é coma un bichero! sempre ta ahí jodendo" / 3.Tira cómica que fai as delicias dos morrasenses dia si e día tamén "rachei co bichero d'onte!"

Bichicomas: termo despectivo "Os bichicomas da FIFA non queren poñer todos os partidos ghratis na tele porque so queren encher os bolsillos de cartos."

Bichuncho: Para os jodechinchos, "atracciones de feria". "Xa chegharon os bichunchos do Cristo, hai que levar ao rapás ao tren popof". 

Bimbó: xojo de balancearse nalgún sitio, a min e que me botaran bronca unhas vellas de pequena por xogar a balancearme nunha barandilla "neeeeeenaaaa, iso non é para xojar o bimbó!"

Blancaflor: Persoa que se enfada con facilidade, moi suxestible a calquer palabra sobre ela. "tas feita unha blancaflor Sairita"

Bochechón: persoa de xenerosas meixelas, ou antigo alcalde fuxido a pedradas. Ver sección de persoeiros.

Boja/Bojas: mentira, mentiroso

Botefa: hortaliza da familia das cabazas, de tamaño medio e que se utiliza para a confección das prezadas chulas, mmm q ricas!

Bravú: Unha cousa que se dicía en Cangas ou arredores era “ahí veñen as do bravú!” ou “saquei a bailar ás do bravú” para referirse ás traballadoras de Massó por exemplo cando ían ás festas. Isto ven do seu cheiro pois elas cheiraban a bravío de estar entre conservas e peix, para disimulalo usaban un perfume chamado “tabú”(aínda á venda). Para referirse a esta mestura de aromas mesturáronse as palabras saíndo de bravío + tabú = bravú.

Brosa: herba seca. "Manolo, apaña un par de brasados de brosa pa queimar!"

Broseiro/a: quen se ensusia ou ensusia aljo.

Brozas: lixo ciscado; persoa porca pouco aliñada, normalmente do xénero masculino.

Brús: sepillo de mangho largho que usan as abuelas para frejar o chan "deille co brús e inda así non caeu a merda toda que tiña" ven do inglés brush.

Bocho: masán

Bollacao: ese boliño de pan recheo de chiculate rexistrado co nome comercial de Bollicao





C

Cairo: chuvia forte e intensa, pero breve, o equivalente meseteiro sería "chaparrón" "Isto é un cairo", frase típica das vellas da 5ª provinsia

Cacharro: 1.dise do vaso silíndrico, non nesesariamente de cristal, que ghosta máis cando son un 2x1, normalmente con contido alcoholico mesclado con calqueira tipo de refrixerante con burbuxas. "faime un un cacharro de velero, gurrú" / 2.unidade de medida "serían como 2 cacharros"

Cachiman: persoa de mui grande complexion "a ver quen se mete co cachimán ese" Cachi-cacho, man- home en injlés.

Cachisa: é un xogo popular, que consiste en levantar do chan un pau, estreitado nos extremos, con outro pau máis longo. Unha vez o levantamos débese "batear" de forma que o primeiro pau cheje o máis lonxe posible. Sin billarda. Segúndo Chefa, profesora do Mª Soliño, é tipico de Bueu. A tanto non chejo, pero Chefa mandáballe ben á cachisa.

Cacho: noutras latitudes é sinónimo de anaco "dame un cacho de bandullo, Marselino". No Morrasso, herbas que se poñen a mollo na noite de San Xoan, para ao día seguinte lavarse con esa auguiña que arrecende (sempre q non che mexen nela pola noite, claro, q hai xente pa todo). "Mira que fiúncho máis juapo, vouno coller para meter no meu cacho" 

Cachoucho: Apelativo cariñoso para os nenos pequenos. "Ven po colo, cachouchiño"

Cai sabes: dise cando unha persoa sabe moito de algho 

Cajalera/cajallón: 1.estado no que te atopas tras practicar o denominado "furanching extremo" 2. diarrea "estás de cajalera Manolo, sentariache mal o marisco"

Caghapolocú: indivíduo simple, caghón, cobarde. 

Cajarría: descomposisión, ver acepción 2 de cajalera.

Cajonaostia: locución usada en caso de enfado extremo, por exemplo, 'cajonaostia, recolle a cosiña!' (mítica da nosa nai durante a nosa infancia) 'cajonaostia, díxenche que mexaras por dentro'

Cajote: chámanlle os de Moaña ós de Cangas 

Caiota: hortaliza da familia das cabazas, de tamaño pequeno, coa feitura dun melón, mais tintada dunhas raias brancas que a fan mui carácterística á vista. é a que se chama en castelán "cabello de ángel"

Calacú: hortaliza da familia das cabazas, de gran tamaño e que se lle adoita botar para comer ós porcos. Cabasa do monte.

Calcutaço: Burato de lle fai un trompo ó outro coa punta,"fixenche un calcutaço coa punta de clavo"

Calandario: papelorio no cal saen os númaros de día, as lunas, os santos, a cita do traumatólojo do viernes 30, o cumpreanos de tal ou de pascual "consejín un calandario jratis desteano na carnisería"

Cancón: Persoa de grandes dimensións "E larjo como un dia sen pan... menudo cancón!!!"

Cangueiros: é así como denominamos á xente de cangas (en Bueu) con ánimo de mofa.

Caño Maestro: alcantarilla "atascouse o caño maestro e saiu pafora o que cajaron as túas vesiñas, caían as merdas rodando costa abaiso coma se foran chiculate"

Capeleiras: tetas das vellas, cando empesan a caír e quedaren arrujadas.

Caradecona: tipico saúdo moañés.

Carallotes: Imaxes da procesión do venres santo. A máis coñesida é "Carnasedo". "Corre Porfiria que non chejamos ós carallotes!!!"

Caritas: Lughar onde recollen mobles e máquinas que xa non usas, e onde se sole mandar a xente que che pide cartos " vai a caritas que eu non che vou dar un chavo" (sen til, caritas, non cáritas)

Carolo: 1.calquer can da rúa "a señora que vai cos carolos chámanlle a Carola"  2.sobrante dunha froita semmellante a maza ou a pera " ver onde tiras o carolo.."

Carrapicho: trenza, ex. mamaaaa!, faime dous carrapichos!

Carriolas: son esas alghas alongadas que semellan láteghos. "voute a simbrar coa carriola que vas quedar fino!"

Carretero: dise do vello que inda non ben acabou un pito xa está ensendendo outro (oes jabierito, teu avó fuma coma un carretero!)

Carroucha: muller vella e fea. tamén é a femia das vacalouras

Castilla: tipo de viño (malo que nin dios) que se bebía nas tascas. 

Castrón: dise do macho da cabra e toma unha asepsión peiorativa cando se fala dunha persoa que é bruto coma un animal. "Menudo castrón o fulano, meteume un furonaso que me cajei en todo"

Chafarís: fonte da alameda nova "quedamos no chafarís ás nove e pico"

Chafulleiro: 1. Tramposo 2. Jicho ou jicha que fai as cousas tarde mal e arrastro "pero mira que és chafulleiro Josito"
 


Chalanas: dinse daqueles sapatos que son máis ghrandes do normal "Mimá Maruxa!!menudas chalanas me truxeches dos invasores,son polo menos no númaro sasenta!!"
 

Chalupa: 1. embarcación flotante onde irlle ás nasas ou levar tabaco de batea, sinónimo de chalana, lancha ou trasatlántico "menuda chalupa está aí atracada!" 2. Pé mui jrande

Chambra: chaqueta, casadora. Mítico de esquenser a chambra no Clí.

Chandarme: alcriques en conserva, alimento básico dos aventureiros de camping en ons, bocata de chandarmes, o "Burguer" morrasense. "ábreme unha lata de chandarmes que estou larecoso"

Changa ou pachanga: Dise dun partido sen ánimo de lucro que xeralmente é desputado entre coleghas e no que se xoja aljo máis que o orjullo."chama a Breo pa ir botarlle unha changa Á Rúa!"

Chas-chás: paxariño pequeno de cor marrón q voa mui rápido e ó piar fai ese son: chas, chas, chas

Chicote: extremo da rabisa.

Chiculate: produto alimentisio provinte das américas tamén chamado caco ou chocolate. "Taste a poñer coma un bocoi de tanto chiculate milucha!"

Chilindradas: iso que conmunmente son jolosinas aínda que pode aplicarse a un sojetiño etc. "neno se te portas ben douche unha chilindrada" 

Chiscar: Cando se pecha un ollo para indicarlle algo a alguén sen que o outro o vexa. En castelán sería "guiñar" "chisqueille o ollo" ou "chíscalle o ollo". 

Chimpín: vehículo por excelencia (xunto co trator) do rural morrasense profundo, nel xunto coa carroseta pódense transportar materiais para faser o teu chalé ilejal "trae os ladrillos no chimpín home de diox"

Chinero: Almario con pé e cristales corredisos. 

Chincho: peix que se compra na prasa e sube no verán coa chejada dos jodechinchos. Ver jodechinchos. "hox comemos empanada de chinchos!!" 

Chiño: diminutivo de jicho, jichiño. Ver jicho. "ven paquí chiño!" amigho, colegha, alcalde de Moaña; tamén para chamar a alguén que non lle coñeces o nome.

Chiquita: copiña de viño

Chorlitos: úsanse para que non che piquen as fanecas bravas "neeeeno pon os chorlitos que hai faneecas! lojo téñoche que mesar nun pe"

Chuchos: os juesos que se chuchan ou as espiñas do peix (as do peis sapo están moi boas) 

Chuva: como nos pudemos olvidar da chuva! q é a palabra máis propia do morraso!! unicamente q se di aquí e é unha pegada do noso pasado medieval. nin chuvia nin choiva, aquí chuva e listo!

Choco: lura con diferente forma "fomos ó dique ós chocos"

Choio/chollo: 1.iso que fas cando non estás no paro "vou ó choio, non me aghardes pa senar" / 2.ofertón "menudo choio atopei no aterrado"

Chorlitos: Sandalias de plástico de gran utilidade anti-fanecas bravas e anti-lingheiróns. O propio é adquirilos na de gandón. "Vou levar os cholitos que hox está a marea baixa".  

Choupo: darlle un trajo a aljunha bebida "invitasme a un choupo de licorca?"

Chover a plan: chover a mares, cando non quere parar, cando chove despois de chover "hox non saio que chove a plan"

Chóvelle: un que está medio tolo, e dise "a ese chóvelle na testa, hailla que retellar..."

Chuculeiro/Carrancholo: levar a alghén ó caballito "se me levas ó carrancholo ainda che vou a tomar a ultima ó Thays"

Chulas: postre das abuelas da Provinsia cando están aburridas e non saber que faser porla casa, ó injrediente prinsipal é o cabaso, é un postre tipicamente relasionado co Shamain, ou 'Jalogüín" "faime aí media dusia de chulas"

Chuliboi: 1. endevíduo ghuapo, ghuapo 2. espécie de pámpano de praia

Chunfle/chufle: darse un chapusón na praia "imoslle a area cova a darnos un chufle? "pilla ahi o jarrucho!"

Cair: cando se mancha algo "manchei de boli o pantalón e non cae"

Capasidá: cantidade de aljo que entra noutro aljo, midese en unidades de capasidá: vaso, tasa, xerra, caldeiro e barreñón

Carroseta: camión pequeno capás de colarse polos camiños máis estreitos da provinsia para construír chalés ilejais "neno, espera akí enbaixo ke vai vir a carroseta de Prado cos ladrillos!!"
 

Chamberjo: 1.Abrigo, prenda para por ensima do jarsei. 2.Sombreiro "Comprei un chamberjo nos invasores"
Chambra: chaqueta fina, máis ben do vrán "mí qui chambra máis bunita, é do aterrado"

Changüí: diñeiro rápido, doado; trátase doutra morrasisasión do injlés, neste caso de "Chance to win" (ocasión de gañar) "nesesito un changüi estra se lle quero arrejlar o escape ó jarrucho"

Chapar: 1.pechar cando se trata dun establecemento, sobre todo se tí es o dagnificado polo peche "chapou o gharito" "non safei a priba porque chapou o súper" / 2.Estudar de memoria se saber nin o que leche "teño o exame chapado"

Chapaso: jolpe na nuca, ou se non apuntan ben, na cabesa en xeral, deses jolpes que doen so no momento e lojo xa pasan "vouche dar uns chapasos como non me quites a carroseta po Jarax"

Chapicada: choio pequeno e rápido

Chicho: 1.- coleta que se fai na cabeza. 2.- personaxe afamado na zona buenense por pasar pola pedra a 3500 mulleres cada noite 3.-estar mal da cabesa na expresión "Tas coma chicho"expresión similar a "Tas como has de ir"

Chintófano: palabra comodín "pásame o chintófano ese do atele"

Chupa: prenda de abrijo axustada a cadera "Mira que chupa de cuero mais guapa leva ese"

Ciscar: desordenar algo, tiralo "quedou todo ciscado polo chan"

Ciscallo: 1.borracheira, cajallón, area, peido... "Xa fasía que non ajarraba un siscallo Lurú!" 2. sinónimo de polvo " ir votar un ciscallo é o mesmo que ir votar un polvo"

Cobertor: prenda da cama q se pon por riba da sábena e por baixo da manta e que, a pesar de ser moi deljadiña, quenta máis ca unha manta

Coche: sinónimo de autobús/línea/serqueiro "nena, vas coller o coche? date presa que non chejas!"

Cocheno/cucheno: zurdo, non confundir con cochino

Cochitos: en Cangas é ir ás atrasións das festas do Cristo 


Cocón: Na mitoloxía canguesa, pantasma que mete medo. A expresión "ser un cocón" aplícase ás persoas mui tímidas: "Fulano non fala nada, é un cocón". 


Coljao: persoa que, xa sexa por valor ou estupides, actúa en contra das máis básicas convencións socias. 'O coljao veu camiñando dende Santiajo'

Colo: 1. Parte do corpo que suxeita a cabesa e evita que a perdas no furancho ou na partida (forma de jalejo culto) 2. Sitio onde levar un neno pequeno "vou a levar a Susito no colo que se non non avansamos"

Comodidá: A miña tía cando mudou a vivir a un piso pagaba todos os meses a "comodidá". 

Cona: xunto con parrocha, fan referencia ó aparato reprodutor da muller. "menuda cona sen fondo que tiña a jicha, era de sete estalos polo menos"

Conaaberta: muller de muito foder "as rapasas d'ox en día son todas unhas conaabertas"

Conacha: ferida típica cando levas un jolpe na cabesa, soe quedar sen pelo "Aaaii mira que conacha te fixeches xojando no parke josito!". Sin. esmechada.

Conán: termo despectivo cara un home, aljo así como papán ou maricalleiro (onde vas conán!)

Conjorsa: faro da Conjorsa. Ver heli

Cono: vaxina na expresión "me cajo no cono que te botou" 

Contucho: Contenedor usado nas obras para recoller os escombros da mesma. Unha ves cheo, a merda trasportase a sabe dios donde, polo xeral ó medio dun monte onde non pasen moitos jichos.

Coñitos: taconsitos pequenos e finos cómodos e que che erghen o cú discretamente. "Hai! que coñitos tan bunitos me traes hox, Clarita!"

Coño: 1. ver "cona" 2. expresión de admirasión "coooño! Edelmiro, e ti por aquí?" tamén válido Cóntro! ou Concho!

Courado: que non se che derrame o viño por enriba que quedas couradiño de todo "menudo home máis courado, da noxo, Bituco"

Corrixidora: Dise da (normalemente) muller e anciá que coas suas mans colocate os tendóns no sitio. "Meu, teño que ir a corrixidora, da hostia que me deron o outro dia na keniata" da zona de Marín.

Corrobla: disen en Coiro cando se remata o cumio dunha casa en contrussión e se orghanisa, ou ben unha lupanda, no caso de casa rica, ou un "aperitivo" con toda a familia mais os arbañiles. Era obrigado invitalos. Escuitado tamén na sona de Betanzos. No Salnés, a este evento chámanlle "O ramo", pois se lle pon no cumio unha rama de olivo ou loureiro. Destacar que a casa aínda está por faser, o importante é que xa teña teito. "Ponte juapo que mañán temos corrobla na casa nova do Juansiño".

Coser: Mentres no resto da Ghalisia se Coce, no Morraso cosemos o cosido. Fóra das nosas fronteiras dise que "fasemos o cosido con agulla, pero non de terneira"
 
Coso: sinónimo de velosidá. "Chófre, frena un pouco!! onde vas con tanto coso?????" 
 
Crema: dise de algo que gusta 'buah, este coche é a puta crema'. É sinonimo de 'cremita'
 
Croque: sinónimo de berberecho "ir os croques"

Croque/Pote: tremenda hostia na cabesa que fai q se che avulte para fóra semellando ter dúas ou ser fillo dos caraconos

Cuca: é como se lle chamaman na portela ás burras e, por extensión ós cabalos da baralla "sóltam'unha cuca que xa che fajo escaleira!"

Cuchixo: referido á porqueria que un se pode atopar pola casa. Merda. "Limpa o cuchixo ese de ahi coa frejona Marjarita"

Culacao: cacao en polvo "para chocolatear la leche(de vaca)"

Curnucho/Cornucho: punta do pan que normalmente non cheja á casa dende a panaderia "quen lle jodeu o cornucho ó pan, cajinadiola!!"

Curricho: animal,porco ou tamén ir susio coma un curricho.

Curricho de ajua: rejo pequeniño "baisaba un curricho de ajua que non daba nin pa encher unha cunca"

Currusco: punta das barras de pan, antes, o pildurico da bola. Ver cornucho, non ver contucho

Cultural: nome que recibe a Casa da cultura, bliblioteca principal e lugar de reunión dos porreiros do pueblo, antítesis mellor no hay…

Curasao/curasán: O que para o resto da xente é un cruasán (croisant).

Cusiñar: como ben se conta, é o que me disía miña avoa cando me había dar que rascar... "estate quieto rapás! ou queres cusiñar??"


D
 
Dalá: lugar imaxinario de onde se cré viñan as interferéncias da extinta televisión analóxica.
-Non toques a antena rapás, que iso vén dalá.
Agora co TDT limitámonos a dicir "menuda merda nos meteron"

Darrasto: cando un obxeto impacta contra outro con jrande violensia e levano por diante lanzadoo uns cantos metros, pode ser o teu visiño coa vella Jumersinda ou o condutor do Serqueiro co contenedor que hai na curva da necha ... "viu coma un loko e levouno darrasto"

Demo: Adjetivo que denota malda nos rapases pequenos "Ese rapas é o demo"

Denusiña: en galego normativo donicela, dinisiña en Bueu

Desbullar: é sacarlle o millo ó CAROSO ( o que queda da espija, limpa dos grans de millo).

Desgholado:
andar coa roupa toda por fóra,"rapas,mira que andas desjolado"

Desghonsado: Sin. Escarallado, rebentado. "Cheghamos ás semis no mundialito, estou desghonsado"

Ditado, Vitor, Exato, Perfeto..:
en morrasense, non existe o c antes de estas palabras, o que lle otorga unha musicalidade e personalidade propia da 5ª Provinsia de Ghalisia

Dique: principal muelle da “siudá” que nos sirve de abrijo e soia estar cheo de jatos e demais fauna silvestre, anque dende que abriu o chino hai muitos menos.

Dilubar: cando, despois de pasar moito tempo na auga, as peles se che quedan enrrugadas e blandiñas ( soble todo as das partes brandas, chemas dos dedos e as mans)  "Oes finucha sae da bañeira que xa estás toda dilubada".

Dornador:
tamen chamado personal computer, ordenador ou PC. "non se ve ahi o partido do barselona no dornador manoliño, ponmo ahi que xoja co curuña"

Drojadito: conxunto de persoas que pasan o día preto da casa da cultura. 'mellor non imos por ahí, que están os drojaditos (e amais hai unha biblioteca detrás)'

E

Eeeeeeeeeeee: Pronuciar en "pronunciado" ascenso. Saudo típico da Avenida (Zona Clip, Electra) cando alghún malote acelera o seu coche tuneado. O pronunciado ascenso do berro é inversamente proporcional á intelixencia de quen o poroduce.

E é: expresión que quer dicir "pois claro!" ou "abofé que si"

Eido/Quinteiro: sinónimo de finca/veija

Eiroge: sinónimo de orégano para os vellos

Eiquí/Eilí: indicativos de situasión "eiquí foi onde jomitei o sábado despois de baixarme a botella de velero"

Elástico: camistea interior "pon u elástico que vas morrer de fríiiio"

Embarcar: 1. Subirse a calquera vehículo como acompañante. 2. Enghañar a alghén cunha trola. sin: meter a bordo.


Embocar: ven sendo cando unha pilota (ou calquer xoguete arroxadizo) acaba no balcón, casa ou finca do vesiño/a, para recuperala, ver "Jabear"

Ensertar/Ensetar: comezar aljo que está completo, paquete de pilas, lata de sardiñas, o paquete de chiculate, opan, etc. "¿Quen ensertou o pan? dame a barra que está ensertada" 


Encarrapicharse: Non é faserse un carrapicho, senon encapricharse

Encorcado: Estropeado ou torçido,"ten o carallo encorcado" ou "quedou encorcado despois..."

Endelí: frase moi propia de cela, que significa despois "subín por ermelo, cheghei ó alto da portela e, endelí, baixei a cangas a por uns calsóns"

Enghrullo: despois de xantar e quedar como o cura de Coiro de ben, cando estamos xa afartados da maravillos jastronomia do morraso, temos o enjrullo no esófajo. "voulle tomar un chupito de aujardente pra que me baixe o enjrullo" 

Enghruñado: Dise da persoa que anda encorvada. "Fulanito non debe estar mui católico, que anda todo enghruñado". 


Ensajuar: Enjuagar.

Entrar: En ver de caber dise entrar "somos moitos e non entramos no coche". 

Entrené/interné: como o teletexto pero en avansado, podes pedir sita pa casa do mar. "non me furrula o entrene fillo que cona fixeche"

Ervillas: verdes, pequenas e redondas, ghisantes "hox comemos jiso de herbillas"

Escabichar: Sacar á cascara ó marisco. "Estivo escabichando nos langhostinos", ou furghando no narís. "Qué andas a escabichar aí?" Meter o dedo no narís tamén se di en Cangas, sacar entradas para ó sine.

Es-sema: erupsión da pel "ese esema é a maldá que che sale por aí"

Esmajar: pode ser coa comida (esmajar as verduras) ou coa cara de aljén: como sijas amolando voute esmajar. 

Esparrarse: cair, ir ó chan

Espinghallar: Cando comeza a chover. "Corre Finuca que está espinghallando!!!"

Esjanar: 1.vir derrengado 2.darlle de hostias a aljén "mandeille unha somanta que o deixei esjanado" 3.atrajantarse con algho 2esghanei e pensei de morrer"

Esnafrarse: non sei ben se está esta palabra. é a acsión posterior a parrapar sen intensión. caír ó chan e levar unha boa hostia. (fun a todo filispín, parrapei e caín. mamadriña! esnafrei unha rodilla e lévoia toda a sangrar!!)

Esquighama: iso co que durmes se é que o pos.


Espaghetes: (espaguettis) macarrons alarghados que se soen comer con carne picada e mais tomate

Esparatrapo: na frutería do areal, en rodeira, as vellas piden caixas de esparatrapos. "dame unha caisa de esparatrapo que me rosa o sapato, Virtuditas"

Espumas: persoa que esaxera os seus lojros persoais co obxectivo de consejir unha posición social privilexiada ou aumentar a súa popupalaridade. Exemplos de espumas:
- coñezo a elsa pataki
- polo carallo, ti eres un espumas.

Estaniscaso: jolpe pequeno pero que jode á hostia "teño un estaniscaso no coche, como atope ó cabrón que mo deu cóljoio polos collóns!"

Estelares: Tenda de roupa na Pedra Alta "ta nos estelares comprando unha blusa"

Estralotes/Estralos: plantas de cor lila que de pequenos estralabamos e facíannos unha gracia tremenda...


Estumbarllarse: botar ó chan o burro para que se rasque. Tamén se di "ghanar a sebada".

Esturrar: aproveitar ó máximo, palabra comodín. "unha resaca déixate esturrado" "esturra o catón de viño aí" "esturrei ó máximo o coche que era de sustitusión!"

Euralita: ver auralita


F
 
Falchoca: bolsa "eiquí cobran as falchocas ou son de jratis, mosa?"

Fallado: parte alta da casa chea de cousas vellas, caracterísase por estar chea de pó e a oscuras

Fanado: dise de aquel que perdeu algún dente ou que directamente non ten ningún "cando o fillo da Piluca quedou fanado, non lembras?" 

Faneca: 1.peix que se é na súa variedade brava te cajas en la cona ó pisalo 2.cona, vaxina. "comeulle a faneca toda"

Faro: calquer cousa con forma de periódico, revista ou folleto que se poda ler "pasame ese faro daí que quero lelo"

Farrapo: 1.iso no que se convirten ás túas camisetas cando non as atopas "mecághina! de onde sacache estes farrapos mamá!" / 2.alfombra da cosiña, caracterízase por non ser do corte injlés, sen valor para ás nais ou abuelas "caiu ajua no farrapo"

Fecha (de viño): aquilo q pides ós camaradas furancheiros cando se che acabaron as provisións "oes manolo! dáme eí unha fecha de viño, q teño a jorxa seca"

Fechar: moi util, xa que algo pode estar pechado, pero se non está fechado, pois conseguirás entrar. "fecha a porta que xa a pechei eu antes"

Fendello do cú: Orifisio anal. Úsase en frases ameasantes do tipo: "Como che vaia aí voute agharrar polo fendello do cú!"

Fedorento: Individuo de pouca hixiene, ou pouca presencia.  "saca d'aí FEDORENTOOO!!!"

Ferricroques: plantas con forma de trompeta q medran nos muros e que, cando florecen semellan un racimo de uvas alongado

Filarmónica (Fila): Bocata que leva todo e sabe a todo, alimento básico na sociedade canguesa e por extensión do Morrazo enteiro. "Fila e caña"

Filispín/Fulispín: aljén con moita presa, ou que vai moi rapido "fun a fulespín que non chejaba o choio" o termo ben do mundo mariñeiro, concretamente dos motores dos barcos, é unha auténtica morrasisasión do termo injlés "Full Speed"

Fillo de porta aberta: nome que resibe a persona que sempre ten a porta da habitasion ou casa aberta de par en par. Sin. Madrileño. "o vesiño é un fillo de porta aberta, míraselle todo ó cambiarse no baño"

Filloses: alimento básico da dieta do entroido, malo será que non petes naljunha casa e non che dean uns filloses e se ai sorte ata unha fecha de viño do pais "Abuela, faille ehí unhas filloses que temos lareca!", aljunhas abuelas incluso as fan durante todo o ano. "Neno, tes afilloses na cosiña. Apura antes de que cheje o teu tío", en Cangas, ésta é masculina, é dizer: "dáme un FILLÓS", en singular, e en plural dise:
"S...eñoraaaa hai FILLOSES" ou "pásame uns FILLOSES".

Finadojato: cadena de tendas de apertura en dominghos, festivos e días de festa. Ver "a de puri"

Fiuncho: planta para facer alfombras no corpus. "Tan delghadiño que parés un fiuncho" 

Flemón: obra de arquitectura para ampliar a plaza de Cangas

Flis: insecticida en esprai, moi usado incluso en lugares abertos.
 

Floxedá: término usado cando alguen está cansado sen motivo aparente. "Estas mal? Que tes? Non sei, teño floxedá.." Se o usas como estar estás floxo sinifica que tes cajarría

Follaca ou Follaco: As follas que recobren as espijas do millo. Soían empregarse para facer colchóns ou seica que para pescar ( sería preciso falar cun profesional da pesca que as empregara).


Formas: botóns para a roupa.

Fornica: non non ven de fornicar, é esa superficie que emula pedra e no resto do mundo se chama formica "voulle a poñer fornica á cosiña que me fan presio"

Forno: calquer panadería
 
Forte: Barrio cangues que da lujar a moitas das mayores pesas do pueblo. "Quen roumpeu os bancos do paseo Manuela? -Seica uns do Forte!"

Fosar: andar en aljo, remexer, intentar enteder como funciona algunha cousa co método 'proba-erro' "deixa de fosar ahí que vas a joder"

Fostiar: pode ustizarse para velocidade "ía fostiado pola avenida" ou para ameazas "voute fostiar lanjrán"

Fourella: iso co que escuitas "non me jrites á fourella"

Fousiño: arma de destrusión masiva empregada nas tarefas da veija, tamés chamada Foz polos galegos cultos e "Hoz" polo jodechinchado

Fuchicar: ver "Fosar"

Fungueiros: escarvadentes (palillos, no idioma pijo) "teño unha nécora nos dentes, dame un fungheiro chiño!"

Furancho: dísese do sitio onde se sirve viño peleón da renta parede e tortillas e chourisos criollos e mixilóns e de onde se sale cantando o no me jodas, o fun polo vento e vin polo aire ou o alfonso da herba entre outros cánticos morrasenses. Recoñeceralo por atoparse na nosa Ghía de Furanchos ou pola cantidá de coches aparcados fora.

Fuertote: expresión que se usa para non dicirlle a aljén que está jordo coma un sepo.

Fullaco: Folla do millo. "Os colchóns estaban recheos de "fullaco".

Furar: 1.faser un buraco "que andas a furar na veija, Edelmiro?"/ 2.forma de darlle o balón de forma que se tes a mala sorte de que che peje nos juebos non te moves en tres días "non vale furar!" pejarlle con forsa a pilota e a veces con mala fé. "Pejoulle un furón que o meteu pa dentro"

Furilo: paspán, pandorco, papansiño

Francisquiño da ferramenta: No encuentro de semana santa (nada de encontro) unha das imaxes máis populares é a de francisquiño. Móvense os ollos e os nenos morrían de medo si Francisquiño miraba para eles. Por certo, a tradición era ir tomar chocolate con churros despois do encuentro.

Franco de ría: para os que fixeron a "marína" é cando che deixaban vir a casa na fin de semán 

Frescal: frío ou fresco no ambiente, esta característica so a poden detectar as vellas cando lles doe un oso ou cando lles da a reuma "pecha a venta da cosiña que vai frescal!"

Frexar: 1. Na veija, pasar un aparato (frexadora) plano cuns paus perpendiculares para achairar o terreo. 2. Na carretera, aquilo que debían faser antes de asfaltar para que o nivel da carretera non suba máis e máis ata case chejar ó balcón das casas de primeira línea.

Frigolosina:
cacho de xeo con sabor, empaquetado ó fino e longo en plástico, conforme se vai derretendo vai saíndo do envase se exercemos presión pola parte inferior, podendo deste modo chupalo "mercaches unha frijolosina no joluts ou que?"

Fritir: pasar os alimentos pola sartén "fritiches o polo e as patacas, Jumersinda?"

G
 
Ghanapán/ghañapán: utensilio de pesca co que todo os nenos intentamos pescar muxos, cangrexos, camaróns etc. e nunca xamais nighén colleu algo. "non dou collido nada co janapán"

Garimba/Chervi: Líquido elemento, véxase cervexa "fumos a tomarlle unhas garimbas"

Ghrolo: choupo, sorbo "vou á bar a botar un ghrolo" "déixame unh ghrolo (e baixas medio cubata)"

Ghandallada: dise das hordas festeiras que ás veses baixan de lugares sinalados como Berdusedo e que se fan notar por onde pasan con ghran algharabía e redusio. "Mimá, canta ghandallada había na Avenida!" 

 

Guai: Viño branco. A súa etimoloxía remóntanse os barcos galegos que faneaban fóra, os mariñeiros pedían un White, e a palabra convertiiuse en todo un éxito. "Berto ponme o último guai e cóbrame"
Guorz: dise do procesador de textos do windows (en inglés, 'word'). 'Non che fixen o traballo, que non me funsionaba o guorz'

Gurrú: persoa avariciosa e moi lista que che pode joder un cacharro como non esteas atento. "Non me sexas gurrú, avocame aqui uns chocos!"

H
 
Halicótero/Helicotes: as duas acepcions son válidas, se ben a sejunda é máis da illa, fai referensia a ese aparato con aspas que vai polo aire. "xa ta o carallo do helicotes dando a vara!"


Heli/Heliporto: recinto etílico donde se practica o botellón (sin. la chati, el heli...) "a juventú de hox en día non fai máis que ir ó heli"

Herbas: poden ser as das leiras, as que se fuman, pero no Morraso preferentemente bébense. "Ois, Pepe, ponme unhas herbas" 


Hornio: hórreo / hórrio, canastro. Lujar onde se jardan as espijas para que non che vaian os ratos

Hortelán: herba que se usa para que non che pique se te estrughas, tamén coñesido como maltrastes

Hostia: 1.Jolpe forte que lle dan ajén ou se da un "déronlle unha hostia que quedou fino" 2.Admirasión "Hostia! que fas aquí?" 3.Saludo: "Hostia Pepe! Cánto tempo!!"

Hox: medida de tempo, sirve para indicar o día actual no que estamos: "Hox é sábado, toca botellón" ou "hox non abre o furancho"

I


Indisión: a que che poñen cando vas maliño ó sentro de saúde. "puséronlle tres indisións"

Invasores: véxase aterrado, reciben o nome dado que cos postos de roupa invaden media alameda "fuches ós invasores Laruca?"


Interné: informasión dixital que foi polo vento e viu polo aire


Inquivi: aljo complicado de explicar, comprender ou crer "é inquivi que o selta aínda sija na sejunda"

Iovai: de "ahí o vai!" saúda para aquel que pasa de largo sin falar. 

J(gh)

Jabear: subir por un muro para recuperar algún obxeto de valor ou tamén se lle di os animais que suben facilmente por paredes verticais "Rasqueime todo jabeando polo muro de Felisindo", "Mira como jabea ese jato polo muro"

Jadañar: andar cos pes tortos

Jaján: Monte que se mira de frente a Canjas, antes chamábase Gagán e, ó volver a ghaleghisar os topónimos despois da ditadura, pasouse a chamar Xaxán por un erro dalghén de fora da península (do Morraso) "parés que entran nubes de chuva polo Jaján, Belarmino"

Jaiba: Crustáseo da familia das nécoras. "Apañei unhas jaibas na Illa dos Ratos". A súa cor sonrosada é semellante ao tono fasial dos que lle sumban ás chiquitas na de pucho ou na de moisés. "Cheghou do vermú con cara de jaiba".

Jaldrofas: Persoa que viste sen xeito. "Tés que ir comprar uns pantalóns novos á ricosa, que andas feito un jaldrofas". 

Jaldrumeiro: joloso, dise do que lle justan os doces "ese rapás é un jadrumeiro!!"
 

Jalopín: dise daquel que fai trasnadas "que liache xa jalopín!!"

Japildó: chuvasqueiro ou prenda de abrigo impermeable. "Pón o japildó se vas sair que está de chover."
 
Jalpón: Chalé que teñen os de Vigho en Area Brava. Normalmente feito de uralita, somieres, alambres, portas vellas a modo de tabiques e calquer material que se poida reciclar. Importante ter a luz e auja pinchada de ilejal. Se non cumpre estas premisas tamén vale caravana vella chantada nunha leira. "Jenifer Isabel, píllate al Alberto Gabriel que hoy nos vamos al Chalé (cando en realidade queren dicir Jalpón)"
Jalipau: Delghado “Mimá, tas delghado coma un ghalipau" 
 
Jalorchos: sapatillas de andar por casa "non atopo os jarlochos" a etimoloxia da palabra "ghalorcho" parés clara, provén do alemán "galoscher", "chanclo", por iso se lles chama así aos sapatos vellos e dados de si.


Jallito: persona que denota muita chulería “A min non te me poñas jallito que se che pejo unha vas pa casa cantando o non me jodas” sin. Jallito di mierda. Estado de ánimo normalmente presente no sector poboacional de rapases que non teñen nin media ostia e van de máquinas. "Ese monte de merda púxoseme jallito. Pa próxima leva un par de ostias"

Jallufa: dise daqela forma de janar ás cartas, ó parchís... non moi digna. "o fillo da Porcona fiso jallufa e jañou a todos"

Jamela: Ver chalupa "caín da jamela"

Janapán: utensilio moi utilisado pa coller peixes ou outras cousas como naranxas ou pilotas embocadas no tellado "saca ahí o janapán que vamos ós croques"

Jaráx: parte da casa donde se mete o coche para que non durma ó frescal, soe ser un jalpón, pero ó meterlle un coche dentro xa se pode considerar jaráx. Pódese identificar un auténtico jaráx morrasense polo teito de auralita, as paredes de ladrillo descuberto e o chan de semento.

Jarito:
Véxase lughar onde estar, ou bar/antro "menudo jarito para tomarlle unhas cañas!"

Jarraisito: término despectivo refirindose á vesiñansa dunha zona rural "en Coiro son todos uns Jarraisitos"

Jarrucho: Moto de baixa silindrada que levan os vellos, actualmente debido a desaparisión dos jarruchos os vellos comezan a levar as scooter de malote xa que son ás máis baratas, iso sí, con retrovisores "jodeuseme o jarrucho manolo!" 
 

Jarsei: Prenda típica do Morraso, nin jersei, nin sudadera nin ostias. "Vou polo jarsei que hox vou ó Heli" 

Jasiosa: iso que se lle bota ó viño catalán (malo) para que saiba un pouco mellor “botame ehí jasiosa Manoel que isto non ai quen'o traje!”
 
Jata: femia do ghato e no sector máis rural dise da muller ou grupo de mulleres estranxeiras, normalmente sudamericanas, que casan con un home do pueblo normalmente de posición acomodada. "Esa jata que viu dalí da casa de dios vaille joder todo o capital"

Jatuñar: desplazarse polo chán utilizando todas as extremidades, moverse a catro patas. "mira, o teu fillo xa empeza a jatuñar e aínda non é medianoite."

Javota/javiota: Pásaro jrande que che rouba o bocata e come dos cubos da basura. "cagho na javota do carallo era amiña comida de hox!!"

Jeringar: chinchar, joder, incordiar "vai jeringar a outro!"

Jiar: condusir "tes que jiar hox, janducho?" ou obedeser "jíate pola túa abuela"

Jicho: utiízase para denominar a alghén, no resto do mundo é despectivo, no Morrazo non "un home é un jicho, un jato un bicho e un jodechincho un curricho"

Jodalla: tamén se lle di colgar clase, cando unha persona sale do instituto tendo clase e sen tere justificante ninjún "o rapas fixo a ghodalla" "faser a ghodalla" sin. colghar

Jodechinchos: jichos que invaden os nosos areais mairoritariamente no verán, aínda que alghún ten a súa "2ª" residencia intentando camuflarse na zona. Procedentes do outro lado da ría en grande parte. Gracias a eles tardamos catro horas en cruzar polo medio de Moaña e Cangas, ademáis reducen a velocidade da Vía Rápida, concretamente a 0km/h para protexernos de posibles accidentes, algo bo tiñan que ter. O termo ven de fai moitos anos: un sinal moi indicativo de que está a chegar o vrán no Morraso é que o peix na Plasa dispara o seu presio ata límites insospeitados, cando os chinchos un día van a 6€, o sejinte van a 12€.. e claro, un morrasense auténtico vai buscando a oferta máis baixa por toda a prasa, un turista (madrileño sobre todo) NON, arrampla co primeiro que vexa inda que custe a 20€ o kilo de chinchos. Cando o pobre morrasense vai buscar os chinchos, xa non queda ninjún! e maldice o ceo dicindo "Xa nos viñeron joder os chinchos!!"

Joder: 1.como sinónimo de roubar algo "jodéronlhe o carro mentras durmia" 2.Consumar o ato sesual "non iredes a joder ó palleiro, Carmensita?" 3. Joder a marrana, andar incordiando "deisa de joder a marrana neno!!"

Jojo: sustansia xelatinosa e transparente que é característica de peixes como a raia... unha gran cantidade de jojo indica que o peix está fresco."Mira nena, canto jojo solta o peix!" 


Joliano/a: Calificativo que se aplica a unha parte do corpo que está lesionada. "Tropesei indo ó aterrado e ando coa pata jolaina". 

Jómito/Jomitallo: iso que sae pola boca cando en realidá ten que saír polo cú "jomitoume toda a comida e púsome perdida" // Líquido elemento que se expulsa despois dunha noite tola de marcha por pirijallo


Jotas: 1.baile típico arajonés: "Mirei onte en Teleghaita ó Jalloso bailando unhas jotas" 2.tipo de chuvia,entre o rosío e a poalla "-Choveu Manolo? -Quévá,solo cairon unhas jotas" 3. sinónimo de media botella de ajuardiente "Oes Marsial,bótame unhas jotas de ajuardiente no café" (o final pillas unha merda criminal co conto do café)

Jobernador: profesional do taxi en Moaña. Jovernar o coche.

Jran Sol: caladeiro de pesca situado preto das costas de Irlanda, tratase dunha apropación do termo francés 'Grande Sole” que ben significando jran lenguado “xa chejaron os rapantes do jran sol?

Jrupo: o jrupo escolar d'O Hío, ou A Pedra (en Bueu, tanto o jrande como o pequeno)

Juá: O burato onde había que meter as bolas cando se xogaba a " O juá". " Primeiras, segundas, truquilis truquilis, pié lo hai, paso de bola y a la cachirola".
Outra do mundo das canicas.Para saber quen tiña o primeiro turno ( no caso de mútiples xogadores) había que tirar á "PÍRIMA". Unha especie de "H", coa raia horizontal de +/- 1 metro es as liñas verticaiss dunha cuarta (+/-). Gañaba, o que, a unha distancia que se acordaba ( democráticamente), conseguía deixar a súa bola máis preto da liña horizontal. O que a deixaba xusto na liña facía "PÍRIMA".

Julai: parvo e impertinente "tas feito un julai"

Julechas: mirón que anda a ver o que pode aproveitar

Julichar/Julichear:
acto de tomar cousas alleas sen consentemento do dono, sempre con intencións avariciosas, por fame ou sede "¿Que me julicheas ahí do cubata?"

Junar: sinónimo do verbo mirar "non ghuno nada con este sol do carallo"


K
 
Keniata: a meca do fútbol amateur no Morrasso "teño repe o cromo dos sojadores do keniata"

L
 
La avenida: séntrica rua canjesa donde se consentra "a movida" "mima que bulla o outro dia na avenida macho, habia sanjre na porta do daso!"

Labercas: 1.paxaro, alondra. 2.termo despectivo "Mira esas labercas como lle dan o palique"
 
Laghar: lughar das casas antighas onde se ghardaba o vinho
 
Laghaña: O que tés nos ollos cando despertas."lava a cara que aínda me traes laghañas!"

Lagharta: dise da rapasa aljo estirada "A filla da Chichulina é toda unha lagharta"

Laiquear: como sinonimo de gustar, isto me liquea ou isto non me laiquea; ven do ingles " to like", imaxino que pola xente que andaba embarcada. Ex. esta empanada de mixilons non me laiquea nada

Lambeconas: dise do can peludo ó que se lle fan chichos na cabesa

Lancha: Barco a Vigho, única e exclusivamente "collimos a lancha para ir ó corte injlés". Ver vapor

Langueta: Pode significar darlle de langueta o balon ou ben conseguir algo de langueta (tirada de precio ou gratis). "Dicheslle de langueta e ainda asi entrou" "Mira que chupa nova, saliume de langueta"

Laño: Casa de citas. "Fumos ó laño o sábado.

Lapaso: ostia en estéreo "o fillo da chuchulina levou un lapaso que quedou fino"

Lapou: Pé de grandes dimensións. ver chalupa

Lareca: un paso máis alá da fame, (tamen usada como adxetivo: larecoso/a) "estou tan larecoso que paparía unha fila (véxase filarmónica) triple"

Larús: consunto de libros onde ven TODO, é como a juikipedia pero máis arcaico "mírame aí que senifica iso na larús"

Lavadouro: tamén chamado río. é o sitio ó que van as vellas a quitar os restos courentos dun día de traballo na veija

Lejón: utensilio do rural profundo morrasense paresido a un sacho, moi usado nas plantasións de patacas e de todo tipo de lejumbres, como a verdura para as jaliñas.. produtos que no vrán son o pasto do jodechinchado "Quen me rompeu o manjo do lejón!!??·

Lercha: muller fea ou de mal corason "Miraches a lercha coa que che anda o teu fillo?" sin. Prea.

Levar a rabia: espresión que implica esaxerasión. "Mimá, o cacharro que me puxo Berto leva a rabia!!" "Papei uns pementos de Padrón que levaban a rabia!!"

Lidi/Lidé:
establesemento preto da costa do cuco entre Cangas e Moaña cun amplo catálogo de chiculates e garimbas a bo presio e de nomes exóticos

Línea
: autobús, Bueu pola costa sobre todo

Liscanso: mescla de lajartija e serpe

Loia: bulo, rumor que se divulga por entre a xente "de onde saiu esa loia do Pepe e a Caramuxa?"

Lombo vajo: dor na parte baixa da espalda (lumbago) "hoxe dóeme o lombo vajo"  

Lonjeirón: molusco semellante á navalla pero máis tocho. Ver carallo

Loudemio: malo, demo. "este rapas é un loudemio" 

Lorcha: Despectivo muller. "menuda lorcha estás feita!"

Lura: 1.sefalópodo alarjado que adoita ser capturado en todos os muelles da provinsia, ao jodechinchado podes meterlla dobrada se lle cambias o nome a "chipirones de la ría" e pos as tapas a 8 euros, infalible. "imoslle ás luras hox ó muelle de massó ou ke?" 2.aquilo que lle colgha ós rapases pequenos do narís. Tamén chamado vela

Lús: esa forsa electrica que fai que todo funsione na casa, na Quinta Provinsia non ai eletrisidá, ai lús. "Apajá a lús maruchi que non somos da fenosaaaa"
 

-->
Lusencú: Dise deses becho que vaja ás súas anchas polas vejas cando é de noite e, que misteriosamente teñen unha lus que lle sae do cu (de ahí o nome)


M
 
Macancúa: sono repentino que chega sen esperarse e fainos desexar estar na piltra.

Machucar: dar un jolpe, lastimar "como me andes nas nasas heite machucar lanjrú"


Madroa: calqueira recinto que teña monos en xaulas "vamos a la madroa a ver a los monos" "en la madroa de barcelona tenian un gorila blanco!" Ver tamén Xaulas do porto
 
Majiso: masa toda misturada

Marflorita: dice do animal atraido por outros do mesmo sexo (hermafrodita cando queren dicir gai ou lesbiana)

Malleira: Sustantivo 1. Derrota abultada,verjonsosa "Menuda malleira lle meteu o Cruseiro o Alondras muchacho" 2.Pejarlle demais a aljo ou aljén "Menuda malleira lle deron o rapas" 3. Estar demasiado cansado "Estou mallado de traballar"

Mamundo/a: Dise de aquilo que é exaxeradamente jrande. "Menudas tetas mamundas ten a tia esa, mama!!"  

Mandonjilla: rapasa pequena que quere mandar en todo. "a filla do curricho é unha mandonjilla de muito cuidado"

Manguetas: por ahí adiante chamanlle cabazos ou calabazas que fica máis fino. Cando lles falas de manguetas ninguén sabe de que estás a falar.

Manoto: cando deixas a barra de pan sen os cornuchos,vamos, as puntas."Manuel,deixaches o pan manoto."

Manterlo: aljo que tapa "coll'ehí u manterrlo que van as moscas á cumida"

María paresida(aparseida?): non sei quen carajo é, pero miña nai comparabame con ela cando facía o parvo de pequena; úsase por Aldan e Vilariño. Ex. para quieta que xa pareces a difunta de maria paresida  

Masanseira: esa árbore frutal do que é impressindible ter polo menos media dusia no eido. Sirve pa faser a empanada de masán ou oblijar aos nenos a que coman unha das poucas froitas que non lles fai jrasia. Por aljunha rasón ténselle moito cariño ás masanseiras e aljunhas déixaselles por moitos anos inda que dea pouca ou mala fruta. "Neno vas caír, baixa da masanseira aora mismo"

Matafogho: parecido o pirixel, pero cunhas flores lilas. "que me traes aquí??isto non e pirixel que é matafogho!!"

Maribrizar: anís do caro

Mascada: jolpe que un leva na cara, pero normalmente só se usa como expresión amenasante "vas levar unhas mascadas lanjrú! que me andaches a joder os repolos!!"

Massó: antigua empresa conservera e baleeira ubicada no pueblo, hox en día sitio e tema de discusión de amplio espectro.

Mepamsa: campana estrator. O nome ben dunha mítica compañia fabricante de campanas estratoras, eche o mesmo caso que palabras como Vapor, Mirinda ou Bollacao.

Metediso: Pinchón, aljén que sempre se anda a meter con outro.

Micho/michu/mixu: pequeno felino doméstico que polo xeral vive sen demasiado protagonismo nas casas das avoas onde en moitos casos nin sequera teñen nome propio polo que o uso de "michu" para referirse a eles é imprescindible.

Miolo: migha de pan "jalou só o miolo"

Miolos: sesos, serebro "estou sen miolos despo

Mirinda:
todo tipo de bebida refrescante

Mirar: iso que normalmente, no resto do mundo mundial, se expresa co verbo ver "mira que es despistada, estabas vendo para min e non me mirabas!"

Mocalleira: chuva moi finiña, ver Poalla "hox o día está de mocalleira"

Mollabobos: chuva que non cheja a ser nin siquera poalla. tamén chamada barruza.

Moiniña: que pares boíña pero é unha jata de coidado."Mira para Maruxa que fixo...e paresía moiniña"

Moquetaso: "Lino! vas levar un moquetaso!"

Morreo: bico de película

Morrillaso: vamos, un moquetaso de toda a vida.

Mucho: palabra comodín que usan os moañeses. "Onte janamos no keniata, ¡¡¡¡¡MUCHOOO¡¡¡¡¡"

Musiña:(ven de mociña) Nena pequena. "E ló, non truxeche-la musiña?"

Muxo: Un muxo é un peix que non ten ninjunha utilidá máis que a de comer merda e que os jodechinchos o miren e dijan "mira que pehcaos tan grandes hai en el agua, seguro que ehtán mu güenos"


N
Naiden/Nadia: indicativo da ausencia de persoas nun determinado momento, lugar ou situasión "Con quen falabas Piluca? con naiden!!"

Nazar: Bater os ghuevos para facer unha tortilla. Dise en Cesantes

Neghrón: é iso que che sae cando te espetas contra o chan ou das un gholpe "vaia neghón che saiu macho"

Nique/niqui: 1.calquera prenda de vestir de manga curta "Mira que catro niquis che comprei por Sinco eros nos invasores" 2.camiseta de manga corta e pescozo redondo, polo xeral de algodón mezclado con poliester.

Nícharo: Jueco onde se meten os mortos no sementerio

Nonchemarca: ameaza, aviso, "si non mo pagas nonchemarca", "como che fagan unha revisión de facenda nonchemarca".

Nónima: papel que che dan na empresa e pon canto janas "non me chejou a nónima deste mes, Binito". Ver anónima

Nontronte/noutronte: No que na Real Academia Galega ven como antonte. "Nontronte vin por eiqui e non estabades!"
 

-->
Númaro: Dise daquela diresión que posuin tódos os taléfanos "Neno, márcame eí o númaro da Paquita que a temos que coller a línea pa ir á ighlesia"

O
 
O Cadro: boletin anticaciquil de moaña "como non me des o meu cacho de veija vas a sair no cadro"

O fungón: nome do antigo barco a Vigho dende muaña, recibía o nome polo seu dono, un fungón "rápido milajritos que marcha o fungón"

O parte: o tilediario. "Calade un pouco que vou mirar o parte" 


Ocarios: bebida isotonica de sabor limon ou naranxa que se toma para repoñerse dos esforzos na veija (e dicir aquarius) 

Ontamiento: lugar onde se van faser todos os papeleos do pueblo, vexase axuntamento, concello. "Fun o ontamiento e estaban todos os funsionarios a tomar a chiquita"

Os ferros: úsase para destacar que na plasa de Cangas non hai peix. "Oiche, Carmucha, fun a plasa e solo estaban os ferros"

Oupado: dise do pan que non está moi cocido e que ten moito miolo.

Ouros: moeda ofisial da quinta provinsia

P

 
Pachi:sinónimo de bisicleta utilisado pola chavalería canghesa. O nome ven do alcume dun rapás da provinsia, Patxi, (de Patxi Salinas, ex sojador do selta) o cal nunca solta a bisi.. ou rara ves se lle mira sen ela "Mirache qué suspensión lle meteu o Xouba á pachi?"

Paioia:
dise da muller que anda as minchas, que anda na pola, que se deixa engatusar por homes... etc. "mira que eres paioia Palmira, que me compraches un faro cando eu che pedin un ola"

Palisa: sin. Paliza. ver: Malleira.

Pandorca: Despectivo muller.

Pantuflas: tamén chamadas sapatillas os sapatos que usamos pra andar pola casa. "Jesúus!colleme as pantuflas d´ahi."

Papaostias: Dicese de aquel, que ten a intelixencia xusta pa pasar ò dia, ou ben que dada unha situasión calquera non comparte ás mismas ideas. " ¡Cala, papaostias! "

Papaxoubas: ignorante, carente de intelixencia ou espabilasión "vaia papaxoubas estás feito"

Parranda: cona, parrocha, paxara, ameixa babosa ou perrecha "a túa tía caíu e miróuselle a perrecha toda"

Parrapar:
acto de deslisar a pichicleta nun lujar de terra para chulearse diante dunha chati. tamén pode ser que parrapes sen ter esa intensión, e lojo é que eres parvo e é probable q leves un fostiaso contra o chan

Parrocha:
1. Tipo de peix 2. Aparato reprodutor femenino "parrocha papuda!"

Parte: o telediario das tres da tarde.Aos vellos jústalles moito OILO parte. "Oíches o parte, Ramónsito?"

Pasmon: 1.dise do que anda no seu mundo "estás de pasmón hox?" 2. ver papahostias

Patatillas: ti pides unha caña, se son xenerosos cae tapa e se non malo será que non caian unhas patatillas, que non patatas fritas nin chips "Maruja, ponme aí unhas patatillas!"
 

Patín: escaleiras de entrada a unha casa. hox en día utilísase máis o termo "zaguán" q parés máis fino
 
Palanquín: persona de pouco proveito. Sin: desjrasiado. "tas feito un palanquín rapás!!"
 
Palique: precidio de "estar de" ou "andar de" significa andar a falar sen parar. Sóese usar nun ton que bota en cara que se anda a perder o tempo. "andas de palique en ves de ajachar o lombo e traballar" 
 
Palleta: dise daquela parte da cabesa por onde entran, prinsipalmente, o vinho dos furanchos e o cosido dos dominjos: "Bótame aquí unha fechinha que tenho a palleta seca"
 
Pascasia/o: papán, paleto/a "cala a boca pascasio!"
 
Pavero: mui guai, mui interesante "Qué pavero macho!"
 
Paviola: aparato para transportar mercaduría manualmente (2 ou 4 persoas) con dous paus de lado a lado para agarrala, se falamos de padiola podemos utilisala para sacar sojadores mediomortos do campo do keniata.

Pedramol: gran de area co se lavaba a louza. 

Peis: a única forma correta para referirse a eses animais mariños que son a dieta básica das abuelas morrasenses. Recoñeseras a unha autentica abuela canjesa, buenensa ou moañesa porque tódolos días como peis, agas nas datas especiais, fin de ano, navidá, o dia do cristo, o do carme ou o dia de darbo (como na miña casa) "que peis mercaches ahí finuca? chinchos outra ves??". Repuntar que é peix se este está vivo e peis se é da plasa.

Peleón: cualidade do viño, moi apreciada se a túa economia é escasa ou pola contra moi criticada cando esperas algo mellor polo prezo que estas a pajar “Diox! Este viño da dos feos é peleón peleón...”

Pelesa/pendesca: rapaza de dudosa honra "esa de simadevila é unha pelesa de muito cuidado que a mirei eu"

Pelicas: mondas dos froitos " mondables" ou espelicables. Espelicar: sinónimo Mondar.
Espelicar unha pataca ou uha laranxa.. É própio de Beluso, Bueu
Desta, sae espelicar sinónimo Mondar. Espelicar unha pataca, unha laranxa ou unha mazá...
Poden ser tamén as peles de certas carnes ou...ou... peixes.

  

Peneirar: Dise daquela consumasión do ato sesual. "Collín o jarrucho pa ir a peneirar á casa da Maruxa que seica tinha a perrecha quente"

Persebe: 1.mulusco que sube de presio como a espuma en navidá 2.carallo, pene
 
Perdido: sucio non, o seghinte "estás perdida de ir á veija, manuela

Perello: simpático, ocurrente.  "chiñoo!! eres o perello!" 

 
Périto: o que che ven a ver o jas ou se defraudas o seghuro "veume o périto a ver a caldeira"
 
Perrera: non ten nada q ver cos cans, senón que é o pelo que cai por diante da testa "cortame un pouco a perrera Alberto"
 
Pesa: sustantivo co que se refire a xente a aljén de serta relevansia "Menuda pesa está feita o rapás"
 
Pescoseira(pescoso): Sitio do teu corpo que se enche de roña e só te das conta que a ten cando pos camisa branca

Peto: lujar sajrado para os rapases, pois era elí onde se metía o changüí que che daban nos dominjos.


Petar: 1.encher ata non poder máis, cando enches unha cunca dise que está petada cando a miras de lado e aprecias o viño sobresaíndo debido a tensión superfisial "pétame aí a cunca Manolo" 2.dise tamén se jodes o coche ou o que sexa nun asidente, nese caso petache o oche ou tes un petaso ou ostiaso 3.Chamar á porta.

Petrina/pitrina: iso que se abre para baisar o pantalón ou para sacar o pasariño e faser pis. Ver hai misa. "Non vexas que disjrasia Edelmira, o marido da Raposa colleu o pelila toda coa petrina e tuvo que ir á Casa do Mar"

Pichicleta: vihículo de duas rodas sen motor "que vas ir coa pichicleta a faser trasnadas?"

Piesa:  1.cansión que se baila nas festas  2.cantidá de fruta "traeme aí a piesa de fruta"

Pildurica: Muller lixeira de cascos, con tendencia a ir moi arreglada, e que lle ghusta ir buscando homes. "mira que raio pildurica e a Esteban"

Pilota: obxeto esférico usado para xogar ó balompé /sin. bola, esférico (na telegaita) "Mamá, embocamos a pelota na finca da Collona"

Piltra: lugar onde ún vai tumbarse para durmir ou botala siesta. 

Pingar: utilísase pa cando aljén vén de volta do furancho fasendo eses e uves dobres “ves pinjando coma un pito!”

Pingarlle a paxara: dise dunha muller á que lle justa un home (oes manolo, á sarita píngalle a paxara cada ves q te mira...!)

Pinico: Vasenilla. Os que non tiñamos o cuarto de baño na casa mexabamos no "pinico".

Piolla: esa merda que se acumula nas cortinas brancas e é imposible de limpar.

Piolloso: persoa que quere dar a última palabra. Dia de piollo, cae e cae a piolla

Pirijallo: antiga discoteca de Bueu que respondía ao nome de "Paraíso" e rexentada pola mítica Catuxa. "seica no pirijallo ai moitas jolfas, imos hox?"

Piriquiteira:muller que anda todo o día de varanda, vamos, que está sempre fóra da casa.
"de ondes vés,Maruxa?de andar de piriquiteira,non? "

Pirixel: perexil, o complemento favorito de arjiñano e das nosas abuelas que o deixan medrar na veija coma se dun tesouro se tratase "cólleme unhas folliñas de pirixel, neniño"

Piruchaina: autobús para ir de escursión; "fun na do piruchaina á Santiagho". 

Pirulo: carismatica obra arquitectonica de certo paresido cun obelisco situado no areal de rodeira, na unica zona bonita da praia (con dunas e todo) van e chimpan o palote ese... "no san xoan que vamos ó pirulo non?"

Pisadocán: cor da cara cando se ten vergoña ou cando se bebeu algho máis da conta; "tes ca cara coma a pisadocán neeeno!". 

Pisalleira: graxa dos porcos da parte superior da pirola q se utilizaba para abrillantar os zapatos. o que hox en día lle chamamos betún e o compramos no aroski

Pisarrillo: outro nome para o membro viril do home, bueno, máis ben para os rapaces. "miraseche o pisarrillo todo neeno!"

Pisiclás: chuvasqueiro. "pasam'o pisiclás que vou acabar feito un pito"


Pitisuís: pastel que se compra nas pastelerías en vez dos pitisus 

Plan: palabra despectiva cando nos referimos a unha querida de alguén ou a unha muller en particular "ese home anda cun plan""Esa é un plan, que a vin sair as des da mañan do Dedos"

Poallar: choiva de pouca intensidade cabrona que parés que non molla pero que acabas empapado

Porco santiajés: os porcos santiajesesneran dunha rasa que enjordaba pouco. "Come como unha lima e non enjorda. Parés un porco santiajés 

Porquería: calqueira tipo de droja "seica andaba metido na porquería"

Porrero: fauna silvestre e variada que habita no patio exterior da casa da cultura que da contra o mar "Vai estudiar rapás ou queres acabar como os porreros"

Poso nejro: nas casas, onde se acumula a merda toda "caiu no poso nejro e cheira que apenetra"

Povisa: hospital, centro médico, ambulatorio, indistintivamente de donde se atope "Vouche dar unhas ostias que che vou mandar para a povisa."

Punteirolo: Isto ven sendo a Gravesinha canguesa. Combinado cun furonazo pode dar lugar o famoso tiro de Oliver e Benji, "O tiro do aguila".

Presianas: nas ventanas das casas, portas ou escaparates de negocios, plancha enroscada que baixamos para que non entre a luz, os ladróns ou non saia o micho. 

Prespiputa: muller que fai a calle, non ten nada que ver con obreira nin co "Plan E". "O jicho Alquilou aí unhas presiputas onde o Galas"

Priba: calqueri cousa alcólica susceptible de ser bebída. "mecághina!! rompeuse a botella e quedei sen priba!"

Proba: "prueba" en Jodechincho. "Porba muller que esta ben rico!" 

Q

 
Queifalas: Dise da persoa que fala sen parar. "Mimá, a túa cuñada é unha queifalas, como me quentou a cabesa!" 

Queimacasas: 1.mescla dunha necora e un cangrexo nejro que viven entre as rochas e que non se come 2.jrupo punki da movida canjesa

Queixo:
aquela parte debaixo da boca

Quitar unha foto/afoto:
aquí non se toman fotos nin se rouban, simplemente se quita unha foto "vaia bicho saía de fondo na foto que me sacache onte as sinco da mañán"
  

Quinteiro: lugar situado normalmente na parte de atrás dunha vivenda unifamiliar no que se ajolpan varias costrusións onde se gardan os excedentres agrícolas e donde tamén se sitúan os animais que non jardan parentesco coa familia.

Quirín: xogo típico do Sinal, éra unha especie de pita na que se dicía: por riba, por baixo, polo medio nada

R
 
Rabisa: corda pequeña de usada como comodín para calquer cousa “Neno, dame esa rabisa dahí que vou atar isto”
Rabear: botar fora do corpo todo o contenido do estómago, case sempre debido a unha boa chea. "botalas rabas" "duas cuncas e xa rabeou todo!"

Rabudo/a: persoa irascible, que contesta a todo, "eres unha rabuda de moito carallo! non se pode falar contigo!"

Rabuxada: acción de rabuxar, se che pasa é que estás para o rebullón "que che deu home de diox.. unha rabuxada? debiu ser a asidés do viño..."

Rapacús:
especie de gusano neghro e con pelos que habita nos pinos, que si te acheghas a eles pícache o corpo. "non pases por nergha que está cheo de rapacús"

Rachar: Rir, morrer da risa, partirse o cu.

Rasca: frío incómodo a maioría das veces acompañado de vento. "Mimá fai unha rasca de carallo e eu sen jarsé"

Rebolos: tirarse por algunha costa abaixo facendo "a croqueta", un clasico dos nenos da provinsia morrasense e que todos nós fixemos algunha vez, polas dunas de Nerga, pola Avenida de Marín abaixo ou por aburrimento na casa "mima! caiu a rebolos o sábado polas pedras do paseo ó mar, menudo siscallo levaba!"

Rebullón:
dise de alguén tolo, que tolea ou con sospeitas de tolear nun futuro "ese está para o rebullón"

Redonda: xunto co crusighrama é parte das perlas da DGT morrasense "collín a redonda pero os verdes estábanme a ajardar sunto ó crusighrama"


Rejo:
canle pola que pasa a auja ubicada no borde dos camiños, sobre todo naquelas sonas da provinsia con grandes costas, como Simadevila, o Castelo, Broullón, Meira d'Arriba ou Sabaseda "Caghinacona, que metin o coche no rejo!" // Aquilo que teñen as mulleres entre teta e teta

Reintrego: Cando compras un boleto ( de lotería) e tócache a misma cantidade xogada "Suso, comprei un boleto na de ocaña e tocoume o reintrego"

Remotorto: alguén medio torpe, ou enteiro "Sacadaí Remotorto! que xa ciscache todo polo chan!"

Rencher:
rechear de liquido un recipiente "Topeime co Pirrís e rencheume de calimocho!"

Renxer: cundir algo, "Tes que renxer os cartos, Manolito"

Requichado/a: persoa presumida e moi arrejlado, tamén se usa a variante "arrequichado" "Mira que eres arrequichada Morocha!"

Resetas: papel máxico para os vellos, é capaz de curar todo tipo de doenzas o malo é que tes que madrugar para conseguilas, pero hainos máis espabilados que envian ós seus netos a por elas "vame mañán a coller resetas para Lavín?"

Restaurán: lujar onde un pode ir xantar, normalmente os restaurán son os elegantes e caros, para calqueira outro lugar donde sirvan comida úsase "Jarito"

Retratar: o q fan as vellas se lles das unha cámara de afotos (pa elas máquina de retratar)


Rever: É un efecto da condensación e produce a presencia de auga; ben por efecto do clima ( por exemplo nos cristais das ventás) ou ben por que se está a facer un bo cocido ( e se produce nos azulexos da cociña).
"Mira como teño a cociña toda a REVER". O sal da cociña tamén se molla coa presenza de humidade, e dise entón: "o sal está a REVER".

Riejo: unha das funsións do corpo human é bombear sangue por todo o corpo, iste é o riejo para os vellos da provinsia, gastrapo puro y duro.


Riló/Reló: 1. aparello para medir as horas / 2. lugar de encontro da mocidade revolusionaria canghesa "quedamos ás des e media no reló"

Rincha ou piarda: peix descoñesido para os jodechinchos (ata que lles dis que é caballa: "ahh, pero yo siempre las como en conserva")

Risón: ancla de calquera tamaño (dá ijual que sexa unha gamela que un trasatlántico, éhe o mesmo: todos botan o risón).  

Roupa tendida: Expresión para alertar de que hai abichuchos pequenos e diante deles non se poden tratar certos temas. "tcheeee cortaa!! que hai roupa tendida!"

Rubeola: algha longa e jrande a modo de palmeira coa que se che arrean simbra de carallo "estaba a Areamilla toda chea de rubeolas"

Ruló: autocarabana ghrande "podemos ir a portughal na ruló da túa soghra"

S
Sábena: ese pedazo de tela coa que te tapas polas noites deitado na cama, tamén serve para facer farrapos cando van vellas.

Sacar: En vez de sacar dise quitar, de toda a vida "Quita de aí, quita a chaqueta" (Tamén tira a chaqueta do lombo)

Safar: termo comodín, conseguir "safei unhas birras", ter sorte "como safei á noite"

Salgharita: dise dunha neniña con moita enerxía "non hai dios que pare esa salgharita"

Saljariteiro: dísese do home que lle gustan moito as mulleres, baillar e andar de troula: "fulanito éche moi saljariteiro"  

Sanjoleo: movemento oscilante dunha enbarcación de babór a eastribor ou viceversa.

Sapatear: Tirar algho de calquera forma. "Xa sapateaches a casadora por aí?"

Sarajosano: Folleto que usan as vellas para ir sementar  

Sediso/Sidiso: cando cheira a humedade, por exemplo os paños de limpar, que quedan mollados uns dias...pois despois cheiran a sidiso.

Selensio: ese cartel que atopas na Povisa.

Sanatorio: palabra comodín, pode significar tanatorio, centro de saude, hospital, ambulatorio..

Sendicato: sindicato "foi o sendecato pero non lle arrejlaron nada"

Senoria: hortalisa de cor laranxa boa para a vista e pos conexos.

Sevenaguer: famoso actor de pinículas de asión dos anos 80, coñecido polo seu papel como Termineitor. "ese non é o sevenaguer? deixa que esta debe ser boa"

Serqueiro: aurobús para ir a Aldán e Bueu pola costa.  

Serradela: herba que comen os ghrilos "hai que coller serradela po ghrilo"

Sequío: ter sequío é cando tes moita sede e pillas o primeiro elemento líquido que atopas e o chimpas dun jrolo "hai sequío hox ou que? que xa baixaches catro mil noves nun tris"

Sicas: mítico transporte de ría. "tanto currer e perdín o Sicas"

Simbrar: movemento rápido cunha vimbia por exemplo, fasendo un ruído característico, dise tamén cando recibes un jolpe dela "cando che dan cunha vimbia, vaia.. iso sí que simbra"

Simerjuensa: persona que carese de verjonsa, o contrario de verjonsoso/a.

Sinfallo ou nohaifallo: referíndonos a algo que fasemos sen problema 'xa che levo mañán a pasta, sinfallo'

Sínfano/sínife: obxecto voador non identificado que nos pica e nos chupa o sanjre mentres estamos a durmir. Caracterízase polo sonido a Ferrari cando te pasa cerca da fourella. "estou todo cheo de picaduras de sínife"

Socairo: estar ó socairo é poñerse, durante o estío, en zonas frescas ou á sombra.

Somanta: grande cantidade de hostias "vouche arriar unha somanta de hostias" Tamén se pode utilizar unicamente como somanta "da somanta que che dou non saes vivo"

Sombi: morto vivinte, aljúns podense ver na casa da bola en Canjas, outros saen do simiterio para ir á romería. "Non vaias por aí Janducho que hai sombis"

Sopapo: hostia arreable hacia aljén, xeralmente coa man aberta e en toda a cara "vouche arriar un sopapo que te vas cajar"

Susidar: acto de quitarse a vida "Chame a la polisia que me quero susidar"

T
 
Talandeira/tarandeira/terendeiro: obxecto que serve para tender a roupa.

Taléfano: aparato para chamar "colle aí o teléfano, macho"

Taniscar: espelicar (ver pelicas) as castañas. Frase típica "hai que taniscar as castañas, nena". Típico de Beluso, Bueu

Tasa: Resipiente que pares que solo pode ir cheo de viño.
 

Teleghaita: Cadena de talevisión onde o Ghalloso é o máximo esponente

Teleté: Dícese do aparato que recentemente houbo de incorporarse a todas as televisions q non o tiñan. tamen coñecido como tdt ou television dixital terrestre "asendeme ahi o teleté que quero ver padre casares"

Testo: tapa da olla "Quita o testo que xa tan a hervir as patacolas"

Tintafemia: viño tinto por escelencia das terras bueuenses! (ese vello levaba un tufo a tintafemia q botaba para atrás, así andaba ás eses...)

Tirado/a: 1.Adverbio que significa que algo está facil "Bah, iso está tirado" 2.Sinonimo de porrero, palanquin, desjrasiado, ... "Mira pra ahi, ese é un tirado"

Títalo: 1. Recoñesemento academico de calquer tipo. "Como lle costou o meu fillo sacar o títalo de patron" 2. Parte inisial dos testos, xa sexa nun xornal ou escrito calquera, e que serve para dar nome o mesmo. "Neno leeme o títalo que non collin as jafas".

Toro: cacho de peis que podes avocar ó plato e comelo, para o jodechinchado é unha "rodaja", para nos sempre será un toro de peis.

Torrón: o dulse de Navidá. De chiculate o máis bo é o de chucuar, falan as vellas que o do Día% é o mismo pero en marca blanca.


Trax: Prenda elegante ou non tanto, susceptible de ser vestida "hai! que trax máis bunito me traes hox, amparito"

Tresejar: Pasar o viño dun barril a outro. "Ten cuidado Manolo, non vaias trasejar o tinta femia no barril do catalán!" 

Trinque: dise dalgho resén comprado, sen usar. Exemplo: "A chalana nova do trinque"

Turco: habitante de Turquía, e moitas veces tamén da Curuña

Turruallo: dise do polvo que se levanta no Keniata (ver keniata) "Lucho!! así non sojo que hai un turrallo que non se ajuanta!"

U
Unha turca: dise da servesa da marca "Estrella Ghalisia" "Neno, ponme unha turca que venho seco" 

Unión: autobús urbano; "á que hora ven a unión, Seferino?". 



V
Vapor: liña rejular de barcos de pasaxeiros que operan dende Moaña e Cangas ata Vijo e no vrán ata os territorios morrasenses atlánticos exteriores, bautisados eisí pola mítica compañia Vapores de Pasaje, hox en día extinta e sustituida polas máis comercias e menos punkis mar de ons, nabia e rias jallejas. "hox non collo o vapor que parés ke ai moito mar"Ver lancha


Veija: Sinónimo do normativo leira. Soe ser unha finca pequena na que se botan patácolas repolos ou millo xeralmente."Neno! mete o lejón no trator que hai que ir ás patatas á veija"


Ventos: pode ser que se che escape un vento ou ben que fales de..
  • Bereda: vento forte con chuva e pedraza ou neve (neve co significado de chuva fría e jorda)
  • Norte: vento máis jodido para as costas bueuenses por pejar de fronte, normalmente trae as chuvas, é frío e iscariote (refrán: vento do sur, amorote, trai unha mosa preñada. vento do norte, iscariote, non trai mosa nin trai nada).
  • Nordés: non sei se non será máis jodido, se cabe, có norte, porque é frío ijual e trai os chuvascos intermitentes, q semella derrepente que abre o sol e xa che está caíndo outra molladura enriba q acabas coma o pito cairo.
  • Leste: como o seu nome indica, é o q vén do leste, é bo pas colleitas pero aljo seco
  • Sudeste: tamén chamado "Sudés". Ese vento que provén da meseta. Cálido e o máis ajradable pa ir ás nosas queridas praias.
  • Viruxe: ese refacho de vento frío que entra pola porta ou ventá cando a deixas aberta. 
Ver: iso que normalmente, no resto do mundo mundial, se expresa co verbo mirar "mira que es despistada, estabas vendo para min e non me mirabas!"

Vedrines: sojete dos nenos que consiste nunha espesie de pequena hélice cun mango, a cal era sacada nos días de máis vento para fasela dar voltas.


Verjallaso: jolpe que resibes cunha vimbia


Vetaminas: compoñentes dos alimentos que nos fan mais fortes e juapos, vitaminas A E I O U...


Vidrio: onde se meten os vidrios, ajora úsase máis o deuvedé "mira que vidrio más bunito collín no vidrioclú breoján"


Vimbia: instrumento que produce un son musical a modo de silbido moi característico cando se move a gran velocidade empregado na educacion dos rapaces da península morrasense. "como non pares quieto douche un vimbiaso coa vimbia" // Elemento de tortura, e amedrantamento que xeralmente tiñan os nosos abuelos nas aldeas, cando xa sabiámos que o fulano ese do saco non existía. "¡Cómo vaia a coller unha vimbia.....!" Ainda que nunca a foran a coller acojonaba que nin diola.


Vimbiaso: sustitutivo morrasense do golpe de remo


Vrán: época do ano na que o jodechinchado nos invade, e os morrasenses non podemos disfrutar das nosas praias.


 X

 Xaulas do porto/dos mariñeiros: É como a Madroa de Canghas pero sen máis animais que os que se lle ocorreu chantalas alí, serven para faser ruido co vento e que os vesiños non durman, tamén son útiles para tapar a horrible visión da Ría "Menudo escándalo onte as Xaulas do porto". Tamén se coñesen como o "Ghuantánamo de Cangas".


 Xojo rápido:exercicio de quensemento que se leva a cabo mentres non cheja peña sufisiente pa empesar a pachanga. As rejlas son sensillas: Un jicho ponse de porteiro e outro tira dende unha liña prefixada. Se marca gol segue o mesmo de porteiro e cóntase un "faio" (pode xojarse a tres faios ou a sinco, dependendo da peña que sexa),e se non marca queda el de porteiro e tira o sejinte .A orde de tirada depende do fino que andes para pedir o teu posto, xa que o primeiro que pida un posto é o que queda con el.Vaise eliminando xente ata que queda un."veña, botámoslle un rápido mentras non cheja o Roka...PRIMEIRO!!!"

Xurdir: desplazarse polo auga completamente sumerxido.


Z

 Zafar: salvarse de algo, salvarse polo pelos. Ver safar "o fillo da Cachila zafouse no último momento"

Zuscar: peghar, gholpear algo con forsa, chutar a ghol. "Zúscalle ahi un bo pepinaso Pepe, fura a rede".