Gramática

Os nomes:
Así, os nomes que rematan en -á (lá, mazá, irmá, mañá), son pronuciados coma se rematasen en -án. Así dicimos 'mañán pola mañán' ou 'colle unha masán da masanseira' ou 'Veu a túa irmán'.
Os nomes que rematan en -xe, (hoxe, traxe, garaxe), perden ese -e, e pasan a pronunciarse como hox, trax, gharax... 'fun a prasa e comprei moito peix', 'hox pares que chove'...
Á feira, nós dicímoslle: Aterrado (polo lugar onde se fai), Invasores (pola cantidade de xente que vén)
Ás Agullas (o peixe) se é fresco chámase Alcrique, se é en conserva chámase Chandarme. 'Unha lata de chandarmes'.
Cando non da tempo a facer algunha cousa, dicímoslle 'non me deu a virada'.
Cando un neno non vai a clase, 'fai a ghodalla' ou 'colga clase'.
Ós caramuxos dicímoslle 'minchas', e 'andar ás minchas' é andar despistado. Un mincho, demáis é un ghato.
En realidade o mundo mariño está presente na linguaxe, e así temos un sin fin de nomes para denominar ós peixes:
Rinchas, piardas, rapantes, chinchos, croques...
O autobús é a Linea, o periódico é o Faro...

Os verbos:

O verbo facer tórnase regular, e isto reflíctese no futuro de indicativo (farei, farás, fará...); así de faser dicimos eu faserei, ti faserás, el faserá... 'Mamá! xa o faserei máis tarde'.
O verbo parecer, na terceira persoa do singular (parece) perde o -e e prúniciase como 'pares'. 'Pares que abre o día'.
No preterito dos verbos, para a segunda persoa do plural non se usa -stes (collestes, trouxestes, andastes...). No canto, úsase -chedes. 'Colléchedes a linea?' 'Viñéchedes andando' 'Truéchedes o que vos mandei?'

Ademáis, o verbo traer tamén se modifica sustancialmente:
eu trouxen > eu truin,
ti trouxeches > ti trueches,
el trouxo > el truio,
nós trouxemos > nós truemos,
vós trouxestes > vós truéchedes,
eles trouxeron > eles trueron

Outra cousa que é diferente é que o artigo enclítico de 3ª persoa de singular -o ou -a, en correcto cangués é -no e -na. 'Dígono eu e punto', 'Fixona el'.

Os pronomes:
O único que aqui cabe dicir sobre eles, é que a contración entre pronome de obxecto indirecto e directo de terceira persoa non se fai do mesmo xeito. Refírome ós Llelo, Llela, Llelos, Llelas.
'Collinllos a aquela tipa' 'Mireilla todiña!'

Extraído de http://naitologic.blogspot.com/2010/03/linguistica-canguesa.html

Anexos:
 Nomes propios: Seditas, diminutivo cariñoso de Mercedes.
Mersedes, Merseditas, Seditas

Alcumes máis utilizados: "Milhomes", "Películas" e "Cubata".

Nomes de cans (comentario no disionario) "Creo que estaría ben facer un estudio dos nomes mais frecuentes de cans do morrazo, nacín no 74 e cando era neno o mais utilizado en nomes de can eran Chuspi ou Laika, despois supoño que por influencia da movida estilabánse nomes de bebidas espirituosas tales como Rón ou Whiski, mais tarde chegou a moda de poñer nomes en galego ou mais ben un nome en galego pois o 70% dos cans chamáronse Lúa. Pero agora non sei que nomes estarán de moda.".

Diferensias entre o posto e o que se fala en bueu: por exemplo, en bueu o verbo faser é maiormente irreghular salvo en pequenos puntos focalisados como é nalghún lughar da parroquia de beluso e alghunha aldea da parroquia de cela.
en canto ó pronome clítico (porque é un pronome e non un artigho), en bueu danse ata catro produsións distintas que poden coexistir nun mesmo falante. isto é, na parroquia de beluso utilísase ese -n- antihiático, na parroquia de bueu e cela úsase o iode (díghoio eu e punto; fíxoia el) ou nada (díghoo eu e punto, fíxoa el). pero no caso do condicional atopamos unha contracsión (comeríao = comerió; faríao = farió) ighual que acontese coas palabras rematadas en -oa ou -ao (moa = mó, madroa = madró).
despois, equí non temos a terminasión -chedes para a p5 (vós) senón que temos -stes. porén, na p2 (ti) usamos -che no canto de -ches (comeches = comeche, dixeches = dixeche).
para rematar, o exemplo que puxestes para o apartado dos pronomes coido que está mal, pois utilisades un suxeito en singular cando o que pretendedes exemplificar, ó meu entender, é o caso dun suxeito plural.

7 comentarios:

  1. boas. quixera deixar unhas diferensias entre o que tedes aí posto e o que se fala en bueu. por exemplo, en bueu o verbo faser é maiormente irreghular salvo en pequenos puntos focalisados como é nalghún lughar da parroquia de beluso e alghunha aldea da parroquia de cela.
    en canto ó pronome clítico (porque é un pronome e non un artigho), en bueu danse ata catro produsións distintas que poden coexistir nun mesmo falante. isto é, na parroquia de beluso utilísase ese -n- antihiático, na parroquia de bueu e cela úsase o iode (díghoio eu e punto; fíxoia el) ou nada (díghoo eu e punto, fíxoa el). pero no caso do condicional atopamos unha contracsión (comeríao = comerió; faríao = farió) ighual que acontese coas palabras rematadas en -oa ou -ao (moa = mó, madroa = madró).
    despois, equí non temos a terminasión -chedes para a p5 (vós) senón que temos -stes. porén, na p2 (ti) usamos -che no canto de -ches (comeches = comeche, dixeches = dixeche).
    para rematar, o exemplo que puxestes para o apartado dos pronomes coido que está mal, pois utilisades un suxeito en singular cando o que pretendedes exemplificar, ó meu entender, é o caso dun suxeito plural.

    se me lembro de calquera outro uso, escríbovolo

    ResponderEliminar
  2. EU TEÑO UNHA PALABRA QUE SE PODE UTILIZAR DE DESTINTAS FORMAS.... TRATASE DE PILON.

    UNHA EXPRESION SERIA "BAIXAR O PILON" EXPRESION DE FELACION O LAVADITA.....

    A OUTRA SERIA O PILON DE LAVAR QUE EN MOAÑA LLE CHAMAN RIO "VOU O RIO A LAVAR CALZONS"

    ResponderEliminar
  3. Baixar ao pilón sempre o entendín como un cunilingüis, non como felación. Son muller, claro, e de Moaña.

    ResponderEliminar
  4. O de mansanseira é unha incorporación recente, xa que existe o topónimo "maceira" onde linda coiro con darbo.

    ResponderEliminar
  5. Son de Cangas e o meu avó na formación do imperfecto de indicativo usaba a reduplicación do sufixo, un Exemplo: "Se non nos conoserababamos" (a castelanización do verbo era xa un feito). A alguén lle soa o fenómeno?

    ResponderEliminar
  6. Faltan las chulas, esas de calabaza y pasas que van fritas. Creo que sólo se hacen en el Morrazo porque yo no las vi en ningún otro sitio.

    ResponderEliminar
  7. Bandullo: podese referir o tipo de bizcoito ou cando lle dis a alguen: menudo bandullo (barrija) tes!!

    Por certo, en Cangas en tipico confundir mirar e ver.

    ResponderEliminar

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.